ago 09 2006
Crónicas de Mesene
Fai algúns meses rematou o arco argumental de Cronicas de Mesene Erika (que eu inda teño pendente de comprar) e na espera do próximo, Eocar, Jorge Iván Argiz (editor e responsábel da liña Siurell da editorial Dolmen) da en avance uns bocetos dun especial autoconclusivo.
Este número único terá como protagonistas aos protagonistas principais das Crónicas, Baran e Ragnar, pero contará unha historia do pasado na que haberá piratas e outras herbas.
Cada novo lanzamento de Crónicas de Mesene leva unha novidade parella, e normalmente é o cambio de debuxante. Neste caso temos a un novo debuxante chamado Julio Cangialosi e que recupera o estilo manga fantástico e de gran detalle dos primeiros números con Mateo Guerrero.
Crónicas de Mesene é unha das series regulares que máis tempo levan publicandose. Con Roke González nos guións foron pasando numerosos debuxantes dende noveis ata algún xa máis experimentado, facendo que o debuxo pasara do manga ao europeo fantástico.
Como fan que son recomendoo con vehemencia. Quero máis Crónicas de Mesene, quero a novela xa!
Editado: Jorge Iván Argiz adianta nos comentarios do seu bló que a novela de Mesene sairá no próximo ano dentro dunha nova colección de libros que sacará Dolmen.
chuzame -
