Ago 25 2006
The Yes Men
The Yes Men é ó mesmo tempo un grupo de hackers sociais, unha película e un libro.
O seu platexamento é sinxelo é o mesmo tempo espectacular. Un bo día deciden crear unha páxina clónica da de George W. Bush durante as eleccións, a páxina ten tanto éxito que moita xente a confunde coa verdadeira, inda que esta diga sen tapuxos o que Bush pensa pero nunca di, e así chega á opinión pública e Bush os tilda de lixo.
O seguinte paso é facer unha páxina clónica da da Organización Mundial do Comercio (WTO) http://www.gatt.org/ na que copiando o estilo da organización explican ás claras os seus métodos e fins. A xente confúndea coa orixinal e os invitan a conferencias arredor do mundo.
Nestas conferencias ante o máis granado do mundiño da economía transnacional expoñen bizarras ideas recubertas de argumentacións que os membros destas organizacións repiten nas súas cabezas pero nuncan din en alta voz, po-lo que non lles soa nin raro nin absurdo.
The Yes Men é unha invitación a reflexionar sobre como as aberracións do neo-liberalismo teñen coallado de tal maneira que as máis atroces teorías económicas soan como algo totalmente normal e correcto.
A traca final do filme non a vou contar porque hai que velo, pero hai unha parte que está chea de frases gloriosas (practicamente todo o filme)
Van a unha universidade en Nova York a explica-la idea dunha hamburguesa (Re-burguer) feita de nutrintes non asimilados po-lo corpo (merda) para palia-los problemas de desnutrición nos paises do terceiro mundo e en vías de desenvolvemento. Cando rematan a exposición, con todo luxo de detalles, 3D e demáis, os alumnos fican incrédulos:
Alumna: ¿Pero non pensan que esas persoas pódense sentir insultadas?
Yes Men: Bueno, entendemos que entre eles e nós existen diferencias culturais, nós somos ricos eles son pobres...
Alumno: ¿Pero vostede víu algunha vez unha persoa desnutrida?
Yes Men: Si... en fotos
Alumno: Non podo crer que o mundo estea dominado por persoas como vostedes!
Alumno: Pero queren que coman literalmente merda!!
O resto no filme.
chuzame -
