ago 31 2006
¡Feliz BlogDay 2006!
Un ano máis (bueno, este é o segundo) celébrase o BlogDay, esa celebración blogueira na que cada bló celebrante recomenda a lectura doutros cinco blós que se aparten do que os lectores poidan atopar normalmente nese bló.
Así que sen máis aquí están as miñas recomendacións:
- MADIALEVA (por madialeva): Empezo por un bló persoal recén atopado que dende Wall City amósanos pingas dos seus gustos máis variados.
a desgana (por Carlos el Rojo): Outro bló persoal especialmente interesado na publicidade, a crítica social, tecnoloxía e algunha cousas máis...
Matt Jonez Animation (por Matt Jones): E agora un bló artístico. Matt Jones é un artista freelance que vive en París e amosa no seu bló os seus proxectos, a súas prácticas, mostras de compañeiros e algunha outra cousa interesante que atopa nas súas viaxes.
Wooster Collective (por The Wooster Collective): Seguindo na liña artística que tomou este ano a miña recomendación do BlogDay tócalle o turno a un bló colectivo xenial que recopila obras de arte na rúa arredor do mundo. Non é unha galeria, só un escaparate, un punto de partida para deixarse levar e perderse no abrainte mundo dos graffitis, stencils, stickers, tackers e demáis expresións artísticas que inundan as rúas de tóda-las cidades do mundo tratando de recuperar espazos para a arte, darlle cor, reivindicar, rir ou simplemente facer unha pintada.
La estantería de Cho (por Bambú e Cho Hakkai): Bambú e o seu mozo Cho Hakkai son afeccionados ó manga, o anime e ós videoxogos. Neste bló falan de todo o que pasa polas súas mans.
E ata aquí chega a celebración deste ano do BlogsDay. Espero que hoxe coñezades moitos blós interesantes, pero tede coidado que isto é adictivo, senon que llo pregunten ó meu Google Reader con 150 suscripcións!
chuzame -

Moitisimas grazas pola noticia e por recomendar o meu bló (tamén está recien iniciado).
Pode parecer unha parvada pero fixome muita ilusión.
Gracias!!
Thanks to you, Matt! and your great pictures!!