Archive for Agosto, 2006

Ago 31 2006

¡Feliz BlogDay 2006!

Published by under Sen clasificar

BlogDay 2006
Un ano máis (bueno, este é o segundo) celébrase o BlogDay, esa celebración blogueira na que cada bló celebrante recomenda a lectura doutros cinco blós que se aparten do que os lectores poidan atopar normalmente nese bló.

Así que sen máis aquí están as miñas recomendacións:

    MADIALEVA (por madialeva): Empezo por un bló persoal recén atopado que dende Wall City amósanos pingas dos seus gustos máis variados.

    a desgana (por Carlos el Rojo): Outro bló persoal especialmente interesado na publicidade, a crítica social, tecnoloxía e algunha cousas máis…

    Matt Jonez Animation (por Matt Jones): E agora un bló artístico. Matt Jones é un artista freelance que vive en París e amosa no seu bló os seus proxectos, a súas prácticas, mostras de compañeiros e algunha outra cousa interesante que atopa nas súas viaxes.

    Wooster Collective (por The Wooster Collective): Seguindo na liña artística que tomou este ano a miña recomendación do BlogDay tócalle o turno a un bló colectivo xenial que recopila obras de arte na rúa arredor do mundo. Non é unha galeria, só un escaparate, un punto de partida para deixarse levar e perderse no abrainte mundo dos graffitis, stencils, stickers, tackers e demáis expresións artísticas que inundan as rúas de tóda-las cidades do mundo tratando de recuperar espazos para a arte, darlle cor, reivindicar, rir ou simplemente facer unha pintada.

    La estantería de Cho (por Bambú e Cho Hakkai): Bambú e o seu mozo Cho Hakkai son afeccionados ó manga, o anime e ós videoxogos. Neste bló falan de todo o que pasa polas súas mans.

E ata aquí chega a celebración deste ano do BlogsDay. Espero que hoxe coñezades moitos blós interesantes, pero tede coidado que isto é adictivo, senon que llo pregunten ó meu Google Reader con 150 suscripcións!

Celebrando o BlogDay 2005

3 responses so far

Ago 30 2006

Corre ó teu quiosco

Published by under Sen clasificar

Damas de época
Chega setembro e con el o principio de moitas cousas, cursos, traballos, programación, coleccionabeis… Si, coleccionabeis, moitos e a cada cal máis absurdo, máis longo e máis caro. Eu son coleccionista de primeiros números de coleccions de libros, eses de dous por 3’95 e cousas así. Inda teño os do ano pasado sen ler.
Só unha vez acabei unha colección, unha de selos, coido que estiven case tres anos para rematala, para que agora apodrezan no faiado.

E aquí vai o ránking dos que teño visto ata o momento ordenados po-la súa bizarrez:

    1. Casa-suiza-reloxio-de-cuco-xigante
    2. Damas de época. No primeiro fascículo Ana Karenina.
    3. Focker DrI Barón Bermello teledirixido.
    4. Scalextric Carlos Sainz (“trata de arrancarlo, por Dios, Carlos”)
    5. Biblioteca do coñecemento oriental.
    6. Construe e programa o teu robot.
    7. Citröens CV2.
    8. Colección de abanos.
    9. Bichos (insectos e outros bechos auténticos)
    10. Nuestros Campeones de Rallies (reproducións dos coches do Campeonato Español de Rallies)
    11. Aprende a pintar e debuxar (co primeiro número dous tubos de cores, polo que os teus primeiros cadros serán bicromos e aos últimos faltaranlle precisamente esas cores…)
    12. Los Caballeros del Zodíaco. Remasterizada e sen censura.
    13. Heidi e Marco
    14. Grandes batallas da historia (O primeiro número e algún máis desta caen fixo )
    15. Atlas de National Geographic

De coleccións de libros inda non vin nada, pero miña nai xa pasou po-lo quiosco e xa mercou un. A colección chámase V. C. Andrews, o nome da autora que seica é de grande sona. O título do libro Flores en el ático, que seica ata ten versión cinematográfica. E este é o resumo que trae na contraportada:

Flores en el ático narra la terrible experiencia vivida por cuatro niños, vícitmas inocentes de unas pasiones prohibidas, que son abandonados por su madre en el ático de una lúgubre mansión y crecen allí encerrados, aislados del mundo, solos…

A que queredes lelo? Pois ide correndo ao voso quiosco de confianza antes de que quedes sen el.

2 responses so far

Ago 25 2006

The Yes Men

Published by under Sen clasificar

The Yes Men
The Yes Men é ó mesmo tempo un grupo de hackers sociais, unha película e un libro.

O seu platexamento é sinxelo é o mesmo tempo espectacular. Un bo día deciden crear unha páxina clónica da de George W. Bush durante as eleccións, a páxina ten tanto éxito que moita xente a confunde coa verdadeira, inda que esta diga sen tapuxos o que Bush pensa pero nunca di, e así chega á opinión pública e Bush os tilda de lixo.

O seguinte paso é facer unha páxina clónica da da Organización Mundial do Comercio (WTO) http://www.gatt.org/ na que copiando o estilo da organización explican ás claras os seus métodos e fins. A xente confúndea coa orixinal e os invitan a conferencias arredor do mundo.

Nestas conferencias ante o máis granado do mundiño da economía transnacional expoñen bizarras ideas recubertas de argumentacións que os membros destas organizacións repiten nas súas cabezas pero nuncan din en alta voz, po-lo que non lles soa nin raro nin absurdo.

The Yes Men é unha invitación a reflexionar sobre como as aberracións do neo-liberalismo teñen coallado de tal maneira que as máis atroces teorías económicas soan como algo totalmente normal e correcto.

A traca final do filme non a vou contar porque hai que velo, pero hai unha parte que está chea de frases gloriosas (practicamente todo o filme)

Van a unha universidade en Nova York a explica-la idea dunha hamburguesa (Re-burguer) feita de nutrintes non asimilados po-lo corpo (merda) para palia-los problemas de desnutrición nos paises do terceiro mundo e en vías de desenvolvemento. Cando rematan a exposición, con todo luxo de detalles, 3D e demáis, os alumnos fican incrédulos:

Alumna: ¿Pero non pensan que esas persoas pódense sentir insultadas?
Yes Men: Bueno, entendemos que entre eles e nós existen diferencias culturais, nós somos ricos eles son pobres…
Alumno: ¿Pero vostede víu algunha vez unha persoa desnutrida?
Yes Men: Si… en fotos
Alumno: Non podo crer que o mundo estea dominado por persoas como vostedes!
Alumno: Pero queren que coman literalmente merda!!

O resto no filme.

Comentarios desactivados en The Yes Men

Ago 25 2006

Don’t download this song

Published by under Sen clasificar

Weird Al Yankovic
De todos é sabido que a xente da RIAA ou da SGAE non escoitan música, porque se a escoitaran saberían o que pensa a xente das súas actividades mafiosas.

Weird Al Yankovic o deixa ben clariño e con moito sentido do humor no seu último traballo. A súa canción Don’t download this song é un recopilatorio de tóda-las cousas que quererían que non fixésemos.

Na de Marcus podéde-la escoitar e le-la letra. Aquí o videoclip.

E recordade que aquí non estamos nin a metade de mal do que están noutros sitios de Europa, e en Estados Unidos nin che conto.

Vía elastico

Comentarios desactivados en Don’t download this song

Ago 25 2006

Crimes de guerra

Published by under Sen clasificar

Libano
Unha vez rematada a ofensiva Israelí en territorio Libanés coa morte de alomenos 1.000 civís libaneses e 40 civís israelís Amnistía Internacional esixe a investigación das claras violacións do dereito internacional por parte dos contendentes e os máis que probabeis crimes de guerra.

E aquí podede ve-la entrevista a George Galloway sobre este tema. George Galloway é un político escoces especialmente crítico coa política exterior británica e unha desas persoas que non lle gusta que lle expliquen o que está vendo, porque xa o está vendo.

Foto da axencia EFE. Explosión no centro de Beirut (Líbano)

Comentarios desactivados en Crimes de guerra

Ago 25 2006

As tebras en lapas

Published by under Sen clasificar

Con este suxerente nome fer empeza un bló no que irá contando o desenrolo dunha crónica do xogo de rol Ars Magica.

Recomendado para tódo-los afeccionados ó xogo, ó rol en xeral, ás ambientacións medievais europeas fantásticas, á maxia ou simplemente a unha lectura agradábel.

Comentarios desactivados en As tebras en lapas

Ago 23 2006

Risas enlatadas

Published by under Sen clasificar

Nalgunhas series fanse realmente insufribeis, pero ver series que están feitas para levalas sen elas é do peor.

Alguén me pode decir porque tóda-las sit-com que botan na 2 non levan as súas correspondetes risas enlatadas?

One response so far

Ago 23 2006

A polo bote

Published by under Sen clasificar

Nun día unha semana enteira. Todo para perde-lo tempo e o bo nome, resumindo. Tamén se pode resumir en falta de estratexia. Ou que non se pode ser listo, que os listos non caen ben, que non se pode amosar todo o potencial á primeira… Que sei eu!

Xente que non entende. Xente que non quere entender.

Tóda-las respostas a estas crípticas palabras a partir de mediados de setembro e máis concretamente a primeira semana de outubro. De luns a venres contra as 20:30 h, presenta Evaristo Calvo.

2 responses so far

Ago 21 2006

Crónicas de Mesene. Erika

Published by under Sen clasificar

Crónicas de Mesene. Erika (Teo e Alvar)
Ala, xa está, xa os merquei e xa rematei de lelos.

Rematou Crónicas de Mesene. Erika, o último arco argumental da serie ata o momento. Nel podemos ver as tribulacións de Erika entre as responsabilidades da súa natureza dragón e os desexos do seu corazón humano. Tamén podemos atopa-la épica batalla entre as tropas de Mesene e o exército de mortos de Bjorn El Bello. Pero sobre todo o arco de Erika serve para xuntar os dous grupos de aventureiros.

Erika é punto e aparte na historia e en moitos sentidos punto e final. A primeira serie de Crónicas de Mesene editada na colección Siurell da Editorial Dolmen con 48 páxinas. Debuxada por Joan Fuster, que fai un traballo moi profesional, inda que me gustou ben pouco a interpretación que fixo dos heroes principais, Ragnar e Baran (o primeiro un culturista descoidado en troques dun viquingo lendario e o segundo parece un estibador portuario en troques dun arqueiro pillabán) O relato alcanza o seu punto máis épico ata o momento no enfrontamento dos dous bandos. Roke González é un grande afeccionado á literatura fantástica e as historias en xeral e por iso os seus guións non caen nos tópicos de sempre.

E agora a rele-la colección enteira e conta-los días ata que saia o especial e Crónicas de Mesene. Éocar.

Comentarios desactivados en Crónicas de Mesene. Erika

Ago 12 2006

Mercando libros

Published by under Sen clasificar

Donde Dios lloraJapanese graphics NOW!
O xoves pasado fun de librarías có Snob. A nosa ruta: almorzo no Miami, Couceiro (só IE), Follas Novas, Abraxas, Gallaecia Liber, Universitas, A gata tola e cañas no Krystal.
En Couceiro tiñan libros a 1, 2 e 3 ouros que semellaban dalgunha residencia de monxas ou frades que fixera limpeza. Libros de grego, latín, exercicios espirituais, filosofía e pouco máis. E en Gallaecia Liber tiñan libros a 3 ouros dunha editorial chunga e máis libros rebaixados, sobre todo libros de arte, dicionarios técnicos e algunha outra cousa.
Snob inda gastou tódo-los cartos que levaba nunha selección de guía de execicios espirituais, punkismo feminista, literatura erótica e algo de relatos.
Po-la miña parte nada máis merquei eses dous que vedes nas imaxes. Donde Dios llora (Wo Gott weint) do Pai Werenfried Van Straaten. Un libro escrito dende a esperanza no tempo de posguerra na Europa da II Guerra Mundial. E Japanese Graphics NOW!, un luxoso tomo da xenial editorial TASCHEN que recopila unha morea de traballos de distintos deseñadores xaponeses. Obras que son resultados do choque e explosión posterior entre a tradición e a modernidade.

Comentarios desactivados en Mercando libros

Next »