Ago
09
2006

Fai algúns meses rematou o arco argumental de Cronicas de Mesene Erika (que eu inda teño pendente de comprar) e na espera do próximo, Eocar, Jorge Iván Argiz (editor e responsábel da liña Siurell da editorial Dolmen) da en avance uns bocetos dun especial autoconclusivo.
Este número único terá como protagonistas aos protagonistas principais das Crónicas, Baran e Ragnar, pero contará unha historia do pasado na que haberá piratas e outras herbas.
Cada novo lanzamento de Crónicas de Mesene leva unha novidade parella, e normalmente é o cambio de debuxante. Neste caso temos a un novo debuxante chamado Julio Cangialosi e que recupera o estilo manga fantástico e de gran detalle dos primeiros números con Mateo Guerrero.
Crónicas de Mesene é unha das series regulares que máis tempo levan publicandose. Con Roke González nos guións foron pasando numerosos debuxantes dende noveis ata algún xa máis experimentado, facendo que o debuxo pasara do manga ao europeo fantástico.
Como fan que son recomendoo con vehemencia. Quero máis Crónicas de Mesene, quero a novela xa!
Editado: Jorge Iván Argiz adianta nos comentarios do seu bló que a novela de Mesene sairá no próximo ano dentro dunha nova colección de libros que sacará Dolmen.
chuzame -
Ago
09
2006

Pois xa vedes, aquí estou. Todo pancho na miña nova casa da Blogaliza. De momento isto é un pouco inestábel, cousas das vacacións, pero a ver se a comunidade se pon as pilas e se arranxa có novo curso.
En blogsome non se poden facer exportacións, en blogaliza non se pode editar. Ningunha é perfecta, pero ter blogaliza de apelido mola máis.
As cousas van daquela maneira, as usual.
Perdín a cámara e por iso non hai fotos de nada do que pasou nestes últimos meses, pero xa está en proxecto mercar unha nova. O que pasou é que rematou a tempada de Erasmus, empecei a traballar e dixéronme que non lles gustaba como traballaba. Básicamente.
Tamén merquei un móbil novo, pero fíxenme un lío e lle borrei a memoria. Adeus a tódo-los xogos (tiña o Age of Empire II!!), os temas, as melodias... a todo.
Por enésima vez fago propósito de levar esta bitácora con actualizacións algo periódicas, pero xa sabedes como son.
chuzame -
Ago
08
2006
Mira po-la fiestra. Non o ves? Non o cheiras? Un ano máis Galicia arde de costa a costa e xa é tarde para laiarse. Porque un ano máis non se fixo nada para previr. Os que antes criticaban as políticas do anterior goberno agora están de vacacións.
Está Galicia condenada a arder ano tras ano sen que ninguén faga nada? É este un dos derradeiros paso para a total castelanización do noso pais? A queima e desertización dos nosos montes.
A información é moita e case todo malas novas.
A imaxe é do xenial Panchez de Aduaneiros sem fronteiras. O lume: o primeiro invasor.
Empecemos a ser pais coidando os nosos bens.
chuzame -