Archive for Setembro, 2006

Set 27 2006

Firefox 2.0 RC1

Published by under Sen clasificar

Vexo en chuza! que xa saiu o Firefox 2.0 (release candidate 1). Aquí podedes ve-las novedades que trae esta nova versión.

Eu inda esperarei algún tempo a actualizarme, de momento só está en inglés e hai que deixar un tempo para que tóda-las extensións tamén se actualizen. Non podo navegar sen moitas das miñas extensións (teño pendente unha entrada sobre as extensións que teño, exactamente 20)

Comentarios desactivados en Firefox 2.0 RC1

Set 27 2006

Recomenda BookCrossing

Published by under Sen clasificar

Fil e Fra xa marcharon, ás carreiras para colle-lo bus e coas malas ben cheas de cousas que deixaran na miña casa do curso pasado.

Última caña de despedida, sen moitas palabras, como se fora un día máis. Mentras lemos unhas revistas falan de como van deixar de falar castelán e de que terían que mercar uns libros para ler, que se lle podía recomendar algo. A min non era que se me ocorreran moitas cousas, se inda lles pudera acompañar ao aeroporto lles recomendaba algo no quiosco. E de repente acéndeseme unha bombilla: estamos no Van Gogh, que cousa máis fácil para conseguir un libro sen gastar un can que o bookcrossing?

E abraiados expliqueilles o que é o bookcrossing. Non o crían. E cando os colleron inda se sentían como se estiberan a roubar.

Que sorpresan se van levar os que liberaron eses libros cando vexan que chegaron ata Italia!

Se inda non sabes o que é o bookcrossing xa estás tardando http://www.bookcrossing.com/
http://www.bookcrossing-spain.com
http://www.bookcrossing-portugal.com

Comentarios desactivados en Recomenda BookCrossing

Set 21 2006

Fil e Fra están de volta!

Published by under Sen clasificar

Filippo & Francesca are back!
Seguimos recibindo visitas! Se fai dúas semanas eran Thomas, a súa moza e os seus colegas nas súas furgallas hippies agora tócoulle-lo turno a Filippo e Francesca (Fil e Fra) que viñeron arranxa-los derradeiros asuntos dos seus estudos en Santiago e de paso recordar os bos momenos pasados nesta cidade.

Cordial recibimento no aeroporto e posterior traslado ao seu motel. E despois quedamos para cear. Fomos a La Barrika, sitio que coñecín cando fun con besbellinha a cear. Alí cañas de 1906 e de tapas pan tumaca e fideuà con mexilóns; e para cear tortilla, zorza con patacas fritidas, croquetas e chourizo ao viño. Todo moi rico, abundante e a moi bo prezo.

Despois intentamos probar o licorca do Mosquito ou do Pampín pero estaban os dous fechados, así que, despois de unir ó grupo a María e á súa amiga Olalla, decidimos dirixirnos a ese antro que tanto nos gusta que é o TNT do noso colega Jacky, nas galerías do cine Valle Inclán.

E alí o de sempre, moito heavy, moita melena ao aire, moito licorca estilo TNT, máis licorca, algo do agasallo que nos fixeron e xogos de rapidez manual.

Sempre nos pasa o mesmo. O que era unha simple cea acabou sendo unha festa de benvida e tamén de despedida para Mariño, para que a pesar das súas viaxes por Polonia e Irlanda non se esqueza do que lle agarda cando volva.

Filippo e Francesca inda quedan algún día máis, así que seguiremos nesta liña.

Comentarios desactivados en Fil e Fra están de volta!

Set 05 2006

Novidades en Blogaliza

Published by under Sen clasificar

goretoxo acaba de comunicar na rolda de correo de Blogaliza que xa está operativo o engadido de chuza! co que se poden chuzar no mesmo bló aquelas novas interesantes con só premer no botón que di ‘engádeme’ en cada anotación.

De momento este engadido só pode ser usado por aqueles usuarios da Blogaliza que foron autorizados a modifica-lo molde orixinal do bló.

Para face-lo funcionar só tes que engadir “?php chuza(); ?” na parte do código que define os artigos e “?php chuzame(); ?” no index.php onde queiras que apareza e xa está! (substituir as comiñas por < e >)Moi sinxelo!

O trebello é obra do manitas de dorfun que modificou un que fixo MAlmeida para menéame.

A outra novidade novidosa é que na portada de Blogaliza agora pódense ver capturas de pantalla dos blós para facerse unha idea do que imos visitar.

Editado: Vale, non funciona, se alguén sabe como é que o explique, por favor.
Arranxado! Gracias a IaRRoVaWo

Comentarios desactivados en Novidades en Blogaliza

Set 03 2006

Campións do mundo!

Published by under Sen clasificar

España mundobasket Xapón 2006
A selección española de baloncesto derrotou á selección grega nun partido moito máis sinxelo do que se podería agardar dunha final do mundo. Nun acelerón no segundo cuarto puxéronse vinte puntos arriba e ós gregos entroulles o ‘canguelo’ e apenas houbo máis partido.

Pau Gasol lesionado foi Most Valious Player do campeonato e xunto con Garbajosa entrou no Equipo Ideal.

Todo isto da man do seleccionador Pepu Hernández que hoxe tivo que compatibilizar a alegría da súa maior vitoria coa nova da morte onte do seu pai.

E aquí non remata a cousa, o ano que ven Eurobasket Madrid 2007 e ao outro Xogos Olímpicos Pekín 2008.

One response so far

Set 03 2006

Para que quero discos?

Published by under Sen clasificar

From head to toe - I'm the fuelSlam BSOINDIVISION

Gracias a ra de lanevera61 souben que en Tipo estaban a vender discos entre 0’99 € e 4’99 €. Así que esa mesma tarde fun alí con Pol a botar un ollo. Unha vez alí dentro dinme conta que facía tempo e tempo que non pisaba unha tenda de discos e unha vez remexendo nos caixóns dinme conta que a mairoría dos discos xa os tiña en MP3. Así que a pesar dos prezos non había nada que realmente me interesara e ó final só collín tres discos.

A maioría dos discos de saldo eran do selo Subterfuge e isto foi o que levei:

    I’m the fuel Fromheadtotoe. Subterfuge intentou con este grupo aproveita-lo tirón de Dover. Unha cantante de voz forte á fronte e ritmos con forza. Só sacaron dous discos e acabouse, pero a min quedoume bo recordo, así que como non os din atopado no eMule agora o teño en orixinal. (1’99 €)

    SLAM BSO VV.AA.. Slam é unha comedia española de adolescentes testosterónicos estilo American Pie ambientada na viaxe e desfrute dun festival de verán. A banda sonora ten varios temas de Telephunken e tamén doutros grupos coma Carrots, Sexy Sadie, Ellos, L-kan, Jean, etc. (1’99 €)

    INDIVISION VV.AA. “Lo último del pop independiente español” Así reza o subtítulo do disco e eso é o que trae este disco: 20 cancións do máis soado do mundiño indi no territorio estatal (do selo Subterfuge, claro) cos seus correspondentes videoclips nun DVD. Cycle, Fangoria, Chico y Chica, Astrud, L-kan, Dwomo, Fundación Tony Manero, Marlango, La Buena Vida, Alcohol Jazz, Wagon Cookin’, Sterlin, Mercromina, Siwel, Migala, Nacho Vegas, Jet Lag, Australian Blonde, The Unfinished Sympathy e Cooper. (2’99 €)

Ata que non haxa outra destas non creo que volva pisar unha tenda de discos. E inda así xa vedes que tampouco me atrae moito. Estes discos xa os teño pasados a mp3 así que empezarán a criar po na estantería dos CDs, é o seu destino.

One response so far