Archive for Outubro, 2006

Out 03 2006

10 pasos para chegar á portada de chuza!

Published by under Sen clasificar

A continuación poderedes ler 10 pasos a seguir para que as vosas novas chuzadas cheguen a ser publicadas na portada de chuza! casi con total seguridade:

    1. Fíxate nos titulares das novas da portada durante unha tempada. Poderás comprobrar que as novas con máis éxito son esas que o explican todo entre o título e comentario e evitan que o vago usuario medio de chuza! teña que ir le-la nova orixinal. Tamén se recomendan títulos curtos ou do tipo ‘Top 10’ ou ‘Os 25 … máis …’

    2. Manda unha nova sobre chuza! ou sobre calquera dos seus usuarios. O endochuzismo está de moda e os chuzas mólanse a si mesmos. Que si aranha fechou o bló, que si wel escribiu non sei que, que si nemtele fixo unha curta, etc. Para ter éxito asegurado ao 100% fala de berto e xa está.

    3. O PDM de Google. Calquera novidade sobre Google será benvida. O día en que Google sexa o dono do mundo está preto e hai que estar a ben con eles.

    4. Calquera nova que fale sobre os incendios en Galicia, a contaminación dos ríos, os verquidos nas rías e demáis. Os chuzeiros practican ecoloxismo dende a pantalla do seu ordenador e conciencia tranquila!

    5. Firefox mola. É o navegador de moda e todo o relacionado con el está ben visto.

    6. FADESA, Inditex, practicamente calquera político galego, IKEA e A Galega son o mal personificado na terra ou unha cadea de erros. Calquera crítica chegará lonxe.

    7. Microsoft é unha merda e o software libre é o mellor. Así de sinxelo, non ten máis que explicar.

    8. As novas sobre estatísticas e con lecturas de calquera tipo, canto máis provocadoras mellor. Cando alguén se deteña a comprobar os datos a nova xa estará na portada.

    9. Galicia dentro da lusofonía. Calquera nova que inclúa a Galicia dentro da lusofonío ou sinale os lazos telúricos de unión con Portugal e/ou Brasil.

    10. E non hai 10. Chuza non é unha comunidade tan grande como para que haxa problemas para que unha nova minimamente importante chegue á portada. Cun par de días de observación é sinxelo saber o que gusta e o que non gusta aos usuarios de chuza!, e senon mirade a Snob que ten un 100% de éxito nas súas novas.


Versión propia de 10 Steps to Guarantee You Make The Digg Frontpage

10 responses so far