Archive for Decembro, 2006

Dec 05 2006

Abaixo os muros!

Published by under Sen clasificar

Asian Dub Foundation

Fortaleza Europa

Segue batendo no muro
Segue batendo no muro
DA FORTALEZA EUROPA!
2022 – Unha nova orde europea
Gardas robot vixian a fronteira
Cans cibernéticos vanse achegando
Coches armados e oficias de inmigración
Unha vila ardendo en Kosovo
ti botáche-la bomba e agora mándasnos a casa
Metralletas gábanse nos cantís de Dover
Baixade as cabezas, estade atentos! Ímonos acabar
Lume! Sobreviviremos á re-entrada
pasa-las minas e os centinelas cibernéticos
Salva os fogares europeos construidos sobre guerras
Non gustas do efecto que produce a causa,
o chip está na túa cabeza non no meu ombreiro.
Control total á volta da esquina
Abre a comporta, chegou a hora.
(retrouso)
Conseguímolo dereito, sabemos o que hai
somos os fillos da globalización
Non ás fronteiras, só conexións verdadeiras
Prende a luz da insurrección
Esta xeración non ten nación
Os camiños de herba presionan a única solución
Estamos sentados con firmeza
Porque o asilo é un dereito
Pon fin a esta confusión
Este é o Éxodo do século XXI (bis)
Lume! Sobreviviremos á re-entrada
pasa-las minas e os centinelas cibernéticos
Avión, tren, coche, ferry, barco ou bus
O futuro bótanos o sangue por enriba
(retrouso)
Conseguiron o dereito – escoita, pero non ó alarmista
Quen non corre cando está famento?
De onde a que a cando de aquí a alí
Xente atrapada nun pesadelo de fita vermella
Escapade dos centros de detención
Cortade os aramios e rachade os cupóns
A xente está lista, é a hora de acordar
Botade abaixo os muros da Fortaleza Europa

Esta é a miña cutre tradución da que posibelmente sexa a canción máis coñecida dos Asian Dub Foundation, Fortress Europe. Podedes escoitala e ve-lo video aquí. Os ADF estarán mañá (xa hoxe) xunto con lamatumbá, The Pinkertones (un dos grupos revelación do ano e primeiro grupo español na historia en ser chamado a participar no CMJ de Nova York) e Dandy Fever (recentes gañadores do GZcrea) en Santiago dando un concerto de valde no Multiusos do Sar contra as nove. A última vez que os vin foi na primeira edición do Santirock, e mira que choveu dende entón. (Acabo de ler na Wikipedia que o seu último proxecto foi unha ópera dub-punk a Gadaffi. Flipo.

Por certo, o concerto é en homenaxe a tódo-los voluntarios e traballadores que colaboraron nas tarefas de extinción durante a vaga de lumes deste verán pasado.

Espero que mañá sexa unha noite de moita festa, pero moita moita.

A imaxe é do sitio alemán Rockpalast

One response so far

Dec 04 2006

Depoñan a súa actitude!

Published by under Sen clasificar

The Day the Earth Stood Still
O plan ‘Ultimátum á terra’ foi suspendido. Inda que a perda de tempo non se poida recuperar si houbo un aforro en armas e en vidas. É o que teñen os acordos amigabeis.
Desta volta os nativos non se doblegaron ante o noso impresionante poder. Haberá que empezar a buscar outro planeta para invadir.

Comentarios desactivados en Depoñan a súa actitude!