Xan 25 2007
Archive for Xaneiro, 2007
Xan 25 2007
Doomsday
Hai cousa para as que un nunca está preparado, por moi avisado que esteas.
Ó principio a cousa foi así:
Cun un par de datos máis a cousa chegou a ser algo así:
A cousa rematou por non ser máis que isto:
E así imos:
chuzame - Xan 04 2007
Bombas de fragmentación made in Spain
Unha bomba de fragmentación ou bomba cluster é unha bomba de caída libre, ou dirixida, lanzada dende o aire ou dende a superficie, que ó estar a unha altura concreta, que é medida por un altímetro, abrese deixando caer centos de sub-municións ou bombetas de diversos tipos, de alto explosivo, antipista, antipersoa, perforantes, incendiarias, etc.
Debido á súa amplitude e ó grande número de sub-municións, ata 300, esta arma úsase para atacar a obxectivos militares dispersos. Pero tamén debido a estas características a miudo fire e mata a civís, especialmente cando se usa en zonas urbanas.
As sub-municións esparexidas teñen un rango de erro de entre o 5% e o 30%, po-lo que poden quedar bombas soterradas sen estourar sendo perigosas tempo despois de rematada a guerra, especialmente para os rapaces po-las súas chamativas formas, como pelotas de tenis ou latas de refrescos. Varios países teñen usado este tipo de arma en conflitos diferentes. Rusia úsaas en Chechenia, o Reino Unido usounas en Kosovo e Iraq, Israel no Líbano no 2006, movementos extremistas árabes nos seus ataques contra civís e os Estados Unidos utilizou estas bombas en Afganistán, Kosovo, Laos e Iraq, entre outros, a pesar de causar problemas serios baixo o dereito humanitario internacional. En Iraq estímase que entre os Estados Unidos e o Reino Unido xa lanzaron máis dun millón.
Unha campaña internacional, a Coalición das Bombas de Fragmentación foi establecida no 2003 para dete-lo uso, produción, transferencia e almacenamento destas armas. A día de hoxe máis de 160 ONGs de todo o mundo estanse adicando á educación, á investigación e a presionar a diferentes gobernos para troca-las súas políticas sobor destas devastadoras armas. (Tradución de Bombas de Racimo, Wikipedia)
E a que ven todo este rollo? Pois a isto. Vergoña.
Máis información sobre estas bombas:
A imaxe é do Defense Industry Daily ('Non é confeti', titulan os simpáticos amigos da industria armamentística)
chuzame - Xan 02 2007
