Archive for Agosto, 2007

Ago 21 2007

As compras do Viñetas dende o Atlántantico

Published by under Sen clasificar

banda deseñada

O mércores e o sábado estiven por Coruña dando voltas po-los stands e deixádome atraer por todas esas cores que din: “Mércame, mércame”

E isto é o que ó fina merquei. Nada de manga, ningunha novidade, pero moita calidade.

  • 1. Tres números da revista máis bizarra e subcultural do estado: Mundo Brutto.
  • 2. El mejor cine de los 70. Decididamente son adicto a mercar libros de Taschen! Son unha gozada!! We love to love books
  • 3. Nacional 666. Que bos recordos daquela Línea Laberinto de Planeta. Guionizada por Roke González e debuxada por José María Reyes apuntaban maneiras do que sería a súa colaboración máis soada e exitosa, Crónicas de Mesene. Periplo. Isto é o máis parecido a un manga que merquei.
  • 4. Todo Paracuellos. A FNAC é un sitio de perdición, e inda que entrei correndo e sen querer mirar para as cousas non me puiden resistir ó prezo deste tomo (mirando en internet vexo que se pode conseguir inda máis barato en Carrefour e en lacasadellibro.com) que contén toda a obra de Carlos Giménez na que relata a súa vida en paralelo á historia de España dende a Guerra Civil. Indispensábel.
  • 5. Como ben repiten os propios autores, non é que haxa un boom na banda deseñada galega, pero si que é verdade que agora vese máis e son máis recoñecidos. E moita da culpa tena xente coma David Rubín. A súa última publicación é este La tetería del oso malayo, co que recibiu diversos premios. E para mostra lede a opinión de Álvaro Pons de La Cárcel de Papel
  • 6. Pyongyang. Outra obra autobiográfica indispensábel. O xornalista (ghanito corríxeme) debuxante de banda deseñada Guy Delisle relata a súa estancia en Corea do Norte. Para facervos unha mellor idea lede o artigo de absence
  • 7. Outra das compras nostálxicas. Iberia Inc. foi o soño do guionista e escritor Rafa Marín e do debuxante Carlos Pacheco de realizar unha versión ibérica do xénero de supeheroes estadounidense. Outra das alfaias que se podía atopar naquela Línea Laberinto de Planeta.
  • 8. E para rematar coa febre merquei tódo-los números aparecidos ata o momento da revista de banda deseñada galega Barsowia, editada po-lo colectivo Polaqia.

E ata aquí chegou a cousa. Non estivo nada mal. Para o próximo ano levarei un carriño.

O outro punto destacábel deste ano no Viñetas foi a presentación (de corpo non presente) do xogo de rol Crónicas de Gáidil, que cunhas ilustracións de 10 mergúllanos nun mundo de fantasía castrexa que promete face-las delicias tanto dos neófitos como da vella garda. Xa me tarda que saia aló por outubro.

One response so far