Archive for Marzo, 2008

Mar 31 2008

Polo Aire, Quempallou 2008

Published by under Sen clasificar

O venres pasado fomos á presentación do novo disco de Quempallou, Polo Aire, na Gentalha do Pichel e foi unha grande festa!

Se tedes a oportunidade de ir a un concerto non a perdades porque a súa música é da que fai bailar, alegra a vida e por veces pon a pel de galiña. Mercar o disco é unha obriga.

Escribo menos do que querería, mais escribo, que xa é algo.

Comentarios desactivados en Polo Aire, Quempallou 2008

Mar 28 2008

The Revolution Televised

Published by under Sen clasificar

Non todo vai ser zombis, robots xigantes e señoritas en biquini, así que o mércores achegámonos ó Cineclube Compostela para visionar (neste tipo de cinema a palabra “disfrutar” non está permitida) unha peza da singular obra do director alemán Harun Farocki.

Videogramme einer revolution (Videograma dunha revolución) é unha peza que reconstrúe os momentos decisivos da revolución romanesa e a caida do ditador Ceaucescu misturando imaxes de video caseiro e de televisión. O que podía ser un documental con profusas explicacións é nas mans de Farocki un experimento visual na que as imaxes, os protagonistas das mesmas e o propio espectador monta a súa película (non no sentido coloquial da expresión).

Nesta peza vemos a revolución romanesa retransmitida por televisión, dende a toma das rúas ata o deseño do novo goberno e iniciativas a seguir, nada é tan bonito como parece nos libros de historia.

Hoxe, no mesmo sitio (C. S. A Gentalha do Pichel) presentación do novo disco de Quempallou. Vémonos alí!

Comentarios desactivados en The Revolution Televised

Mar 25 2008

Eterno retorno

Published by under Sen clasificar

Remata a Semana Santa, resurrección, Páscua e nova vida. E como parte desa nova existencia a vella teima de escribir no bló con regularidade, ou polo menos cando me pete mais con algo de contido.

Para empezar algo que levaba tempo querendo facer, resumo semanal das descargas.

  1. Estas de aquí arriba son os membros de Robots in Disguise, un grupo que escoitei de rebote no camiño a Porto en Siglo 21 de Radio 3. Inspiración punk con toques electrónicos, en ocasións soan preto de Elastica. Descargados os seus tres útimos álbumes: Robots in Disguise, Don’t Get RID! e We’re in the Music Biz (deste ano)
  2. Na FNAC dePorto conseguín non mercar nada. O que si fixen foi escoitar moitos discos e apuntar no móbil os nomes duns cantos para descargar. Entre eles o Charles Aznavour Platinum Collection (e xa de paso The Best of Charles Aznavour) Que non sabes quen é Charles Aznavour!? Seguro que se escoitas algunha das súas cancións máis coñecidas daste conta rapidamente. Como dixo miña nai: “Ese es viejo”.
  3. Don Vitto pasoume as dúas tempadas completas de Dexter, completas ata a folga de guionistas. Así que tocou baixar os dous derradeiros capítulos da segunda tempada duna das mellores series que levo visto (Left Turn Ahead e The British Invasion ). Se inda non a viches non sei a que esperas (podes baixala en V.O.S. e dobrada ó castelán). En breve agardo escribir algo sobre ela en CINEMA FRIKI (si, tamén teño pendente resucitar CF). E agora que a rematei coido que xa teño substituta, Breaking Bad (gracias a La Petite La Petite Claudine)
  4. E máis discos do meu paseo pola FNAC de porto: The Choral Beatles polo Kennedy Choir, unha delicisosa interpretación coral dos temas máis coñecidos daqueles rapazolos de Manchester; e Primera Luna de Georgina Hassan (este inda non o escoitei e tampouco sei ben por que o tiña apuntado).

E ata aquí as descargas que levo feitas na semana. Para ver, escoitar e compartir a música que escoito visitade o meu perfil do last.fm (aí do lado tedes un resumo das cancións da última semana, as de Il Nino son do meu irmán, inda que as borre seguen aparecendo nos resumos)

A ver se consigo seguir escribindo (véxome con ánimos) e vós vos animades a comentar algo.

6 responses so far