Archive for Abril, 2008

Abr 23 2008

O Día do Libro (tamén en internet)

Published by under Sen clasificar

Non tranquilos, non vou falar de todo canto “día de” hai (que xa sabemos que son máis de cen), mais hai días que a un lle prestan máis celebrar.

E para celebrar este Día do Libro (en internet máis ben o Día da Lectura) vou facer unha pequena lista de recursos e similares relcionados co mundo dos libros. A lista non ten ningún orde, funa escribindo segundo me viña.

  • En primeiro lugar o meu primeiro libro. Bueno, mellor dito, o primeiro onde publico un relato. A verdade é que tampouco ten moito mérito que a cousa foi entre amigos. O libro chámase Proxecto Identidade e foi unha dos danos colaterais provocados pola festa organizada por ghanito e besbellinha, Beliscos do Porco ou Apocalipse Pequenos. O libro recolle relatos, contos, poesías, ensaios, fotos e divagacións varias de máis de cincuenta autores arredor da identidade. Podedes mercar unha chulísima edición aquí (aproveitade, que o dólar estadounidense está ben baixo) ou descargalo ós vosos ordenadores aquí. Xa me contaredes.
  • Como podedes ver facer un libro hoxe en día está á man de calquera. O Proxecto identidade foi deseñado co seu software e impreso por blurb, inda que tamén poderían ter utilizado Lulu. Escribir, catro clics e a ser o best seller do metro!
  • Mais iso de ler branco sobre negro en papel xa ten alternativas (inda que a min inda non me convenza, sigo sendo un clásico) Na Regueifa Plataforma podes descargar algúns libriños (ademáis de discos) todos con licenza Creative Commons (xa sabedes, a cultura medra co rozamento, a división, a multiplicación, a copia e todas esas cousas).
  • E collendo de pleno as licenzas Creative Commons o outro día deuse a coñecer unha nova editorial galega, Estaleiro Editora. E tamén non fai moito e cuns principios moi parecidos mais encamiñados ó mundo fantástico e da ciencia ficción universal naceu Urco Editora. E aquí é cando recordamos que o primeiro libro galego editado baixo unha licenza Creative Commons foi O home inédito de Carlos G. Meixide por A Rotonda.
  • Mais as editoras tradicionais inda teñen moito que dicir en Galicia e iso está demostrando a xente de Rinoceronte, adicada ás traducións dende calquera idioma (estou agardando a opinión do primeiro libro traducido directamente xaponés – galego).
  • E inda haberá moitas cousas que eu non coñeza. Para estar ó día do que pasa no mundo das letras galegas a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural vén de inaugurar un portal moi interesante: Praza das letras. E para completar aquí tedes unha listaxe con case todas as editoras galegas.
  • Falamos de internet, e Google que opina? Pois Google non podía obviar no seu PDM eses obxectos ata onde non vai moito se acumulaba todo o saber humano. En Google Books podemos atopar libros escaneados ó completo, en parte ou só referencias, nun proxecto que sigue medrando apoiado polas maiores bibliotecas do planeta.
  • E agora unha chea de sitios onde podedes descargar libros: elaleph.com (de balde e para mercar, tamén editan), Dominio Público (a cultura nin se compra nin se vende), en Scribd pode compartir todo tipo de documentos entre eles ebooks, Libros electrónicos gratis (que máis queres?), Computer-books.us (libros de informática a mancheas) e unha colección inmensa de novelas pulp de ciencia ficción e similares (isto non llo contedes a ninguén).
  • E volvemos ó tema de onde ler todo este material. As opcións son múltiples: na pantalla do ordenador, no móbil, nunha PDA, no novo invento de Amazon… A min onde estea o papel e o cheiro a cola… son un sentimental. Se non me quedara outra poderíame acostumar a ler libros e o que fora nun destes.
  • E para rematar un pouquiño de Bookcrossing, fai que os teus libros viaxen e comparte co mundo os teus gustos, caza os libros que outros comparten e moitas máis cousas.

Como podedes ver isto dos libros xa non é o que era. Que pensarían de todo isto Cervantes e Shakespeare? A verdade é que agora tanto nos ten, a cultura é libre e só uns poucos son os que lle queren pór cancelas, alfándegas e auras de intocábel.

Lede moito!!

A imaxe é de Philippe Kurlapski.

Comentarios desactivados en O Día do Libro (tamén en internet)

Abr 22 2008

Día da Terra

Published by under Sen clasificar

Hoxe celebrouse o Día da Terra (case poderíamos dicir da Terra Maltratada).

Como moitos outro este é un tema complicado así que deixarei tan só dúas ideas pra a reflexión:

  1. [Aquí vai unha frase dun filósofo grego da que algún día me acordarei] Era algo así como que non hai que acaparar senon aproveitar o que temos (e non era unha frase de San Agustín). A solución para o planeta pasa por deixar de crecer sen medida. No planeta hai para todos, pero non para que todos vivamos a todo tren.
  2. A Humanidade está nunha carreira desesperada sempre cara diante, correndo coma tolos, non se sabe cara onde, mais sempre correndo, hai que chagar os primeiros. En contraposición a ese pensamento están os pobos indíxenas de todo o mundo, especialmente en Sudamérica, hoxe un deles dixo isto.

Na imaxe a bandeira do Collasuyu, feita e subida por Huhsunqu

Comentarios desactivados en Día da Terra

Abr 22 2008

Proof of live

Published by under Sen clasificar

Sigo vivo. E co firme propósito de seguir escribindo neste bló, mais non sempre se me ocorren cousas para escribir ou ando demasiado liado, amén dos innúmeros atrancos técnicos.

Teño pendente falar da xantanza no restaurante xudeu da Coruña (con fotos), do meu novo disco duro de 1 Tb (e de como comprar por internet) e un artigo que vai medrando sobre China e os Xogos Olímpicos (que non Olimpíadas).

2 responses so far

Abr 04 2008

E logo, somos masocas ou que?

Published by under Sen clasificar

Acompaño este debuxo de El Roto que atopei na de Carlos, El Rojo cun texto do Abbé Pierre que atopei xa fai un tempo na de Pawley.

Amar consiste en que cando ti, o outro, es feliz, eu son feliz tamén. E cando ti, o outro, es desgrazado ou sofres, entón eu pásoo mal tamén. É tan simple como iso. Entón digo: a vida é un pouco de tempo ofrecido a unhas liberdades para que, se queres, aprendas a amar, coa certeza de que haberá que loitar contra o mal.
Sentido da creación: que o amor responda ao amor. Se non existise ese punto culminante en que de súpeto dúas liberdades poden consagrarse e amarse, toda a creación sería absurda.
(…) Naturalmente, todos os humanos van na procura da felicidade. Pero vivir unha vida cristiá auténtica non é buscar a felicidade a toda costa. É buscar amar, a calquera prezo.
Ao dicir isto son moi conscente dunha deriva que hai que evitar e na que caen moitos cristiáns moi piadosos: a do “dolorismo”. Contra o que sempre se nos ensinou, o mérito non garda ningunha relación coa dificultade. O mérito mídese polo amor co que se realiza un acto, e non polo que custa (dolorismo).
O dolorismo é unha abominación e unha caricatura da vida cristiá que consiste en buscar o sufrimento, ou en compracerse con el, co pretexto de que Xesús sofreu. Non. Simplemente hai que aceptar a vida tal como se presenta, e se non pode evitarse un sufrimento, entón máis vale aceptalo con amor que rebelarse ou fuxir del pechándose nun mesmo.

Comentarios desactivados en E logo, somos masocas ou que?