Archive for Febreiro, 2009

Feb 04 2009

Os meus complementos para Firefox

Published by under Sen clasificar

Non direi que Firefox é o mellor navegador, mais para min é perfecto. A personalización que permite e a grande variedade de ferramentas que existen fan que haxa solución para calquera problema que poidas ter na túa navegación diaria.

E sen máis rodeos imos á lista:

AdBlock Plus: É como ter televisión de pago. Di adeus a todos os anuncios, pop-ups e imaxes que non queiras ver. Vén cunha lista de publicidade molesta e permite facer as túas propias listas con facer clic un par de veces.

Awesone Highlighter: Para facer ligazóns a palabras ou parágrafos dunha páxina. Perfecto para citas ou ligazóns a páxinas con moito texto. Pode facer moitas máis cousas, eu só a uso para iso.

Better Search: Engade ás buscas no Google (e noutros buscadores) unha miniatura e a posibilidade de ver unha vista previa sen abrir nada máis, información de Alexa, ver a páxina en archive.org e abrir os resultados nunha nova xanela (para os que non saben facer clic coa roda do rato)

BugMeNot: A comunidade de BugMeNot crea contas en toda canta páxina web hai e comparten usuarios e contrasinais. Con este complemento podes entrar en calquera páxina de rexistro gratuito sen ter que andar a meter os datos. Unha das mellores ideas da humanidade!

ChatZilla: Poida que o IRC sexa algo do futuro, mais ter un cliente a man para unha emerxencia nunca está de máis.

Connect to address: Inda que pareza estraño inda hai xente que non descubriu o hipertexto e escriben enderezos web que tes que copiar, pegar na barra de enderezos e darlle a enter para que funcione. Con este complemento isto acabouse. Marcar, botón dereito e xa está! Outro grande invento!

Download Statusbar: Con este deixarás de ter unha nova xanela aberta cada vez que descargues algo. En cambio terás unha pequenas e discretas barras na parte de abaixo da pantalla coas que controlar as túas descargas.

Download Helper: Para descargar todo video, cancións e fotos cantos hai nunha páxina. Nada de ir de unha en unha, baixa en bloque e moitas cousas máis.

FireNes: Centos de xogos da NES emulados con só facer un clic.

GMail Notifier: Avísate cando tes unha nova mensaxe e de cantas tes sen ler. Útil e sinxelo.

GSpace: Usa a túa conta de GMail coma un disco duro en internet.

Google Notebook: Fai notas cun só clic. Perfecto para listas, cortar e pegar e calquera cousa que se che ocurra e queras gardar. A mágoa é que o Notebook de Google ten os días contados (xa avisaron)

gTranslate: O tradutor de Google no teu botón dereito. Unha chea de idiomas e funciona para todos lados. Ademáis se estás nun sitio de edición (unha wiki, o taboleiro de edición do teu bló) podes buscar a tradución es substituilo no momento.

ImageBot: As conversas en internet van a fume de carozo. Se queres pór unha imaxe cun enderezo curto  tes que baixala e volvela subir. Con este complemento podes subir a ImageShack calquera imaxe de forma sinxela e rápida. Ten un monte de opcións para explorar.

Megaupload SX 4.3: Non agardes nin un segundo entre descarga e descarga no Megaupload.

PDF Download: Que non te controlen os PDF a ti. Cando abres un PDF en internet elixe descargalo, abrilo nunha fiestra, abrilo co lector de PDF… Tamén podes gardar páxinas web coma PDF e algunha cousa máis.

Reload Tab on Double-click: Algo tan sinxelo como recargar unha pestana facendo doble clic enriba dela pode aforrar cantidade de tempo.

Save Image In Folder: Para gardar as imaxes en carpetas separadas sen ter que andar buscando polo disco adiante. E ademáis, se fas doble clic sobre calquera imaxe gárdaa inmediatamente na última carpeta onde gardaches antes.

Send Link Button: Envía a páxina na que estás nun mail en dous clics.

TinyUrl Creator: Fai clic nunha ligazón e convértea nun Url curto ó momento.

Twitbin: Abre na columna da esquerda a túa conta de Twitter con actualización automática e lista para escribir.

Es estas son todos os complementos que uso. Aforrando tempo e facendo as cousas máis sinxelas. Só é coller un poco de práctica.

Coñecedes algunha que sexa imprescindíbel e non estea na lista?

4 responses so far