Archive for the 'Sen clasificar' Category

Abr 23 2008

O Día do Libro (tamén en internet)

Published by ifrit under Sen clasificar

Non tranquilos, non vou falar de todo canto "día de" hai (que xa sabemos que son máis de cen), mais hai días que a un lle prestan máis celebrar.

E para celebrar este Día do Libro (en internet máis ben o Día da Lectura) vou facer unha pequena lista de recursos e similares relcionados co mundo dos libros. A lista non ten ningún orde, funa escribindo segundo me viña.

  • En primeiro lugar o meu primeiro libro. Bueno, mellor dito, o primeiro onde publico un relato. A verdade é que tampouco ten moito mérito que a cousa foi entre amigos. O libro chámase Proxecto Identidade e foi unha dos danos colaterais provocados pola festa organizada por ghanito e besbellinha, Beliscos do Porco ou Apocalipse Pequenos. O libro recolle relatos, contos, poesías, ensaios, fotos e divagacións varias de máis de cincuenta autores arredor da identidade. Podedes mercar unha chulísima edición aquí (aproveitade, que o dólar estadounidense está ben baixo) ou descargalo ós vosos ordenadores aquí. Xa me contaredes.
  • Como podedes ver facer un libro hoxe en día está á man de calquera. O Proxecto identidade foi deseñado co seu software e impreso por blurb, inda que tamén poderían ter utilizado Lulu. Escribir, catro clics e a ser o best seller do metro!
  • Mais iso de ler branco sobre negro en papel xa ten alternativas (inda que a min inda non me convenza, sigo sendo un clásico) Na Regueifa Plataforma podes descargar algúns libriños (ademáis de discos) todos con licenza Creative Commons (xa sabedes, a cultura medra co rozamento, a división, a multiplicación, a copia e todas esas cousas).
  • E collendo de pleno as licenzas Creative Commons o outro día deuse a coñecer unha nova editorial galega, Estaleiro Editora. E tamén non fai moito e cuns principios moi parecidos mais encamiñados ó mundo fantástico e da ciencia ficción universal naceu Urco Editora. E aquí é cando recordamos que o primeiro libro galego editado baixo unha licenza Creative Commons foi O home inédito de Carlos G. Meixide por A Rotonda.
  • Mais as editoras tradicionais inda teñen moito que dicir en Galicia e iso está demostrando a xente de Rinoceronte, adicada ás traducións dende calquera idioma (estou agardando a opinión do primeiro libro traducido directamente xaponés - galego).
  • E inda haberá moitas cousas que eu non coñeza. Para estar ó día do que pasa no mundo das letras galegas a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural vén de inaugurar un portal moi interesante: Praza das letras. E para completar aquí tedes unha listaxe con case todas as editoras galegas.
  • Falamos de internet, e Google que opina? Pois Google non podía obviar no seu PDM eses obxectos ata onde non vai moito se acumulaba todo o saber humano. En Google Books podemos atopar libros escaneados ó completo, en parte ou só referencias, nun proxecto que sigue medrando apoiado polas maiores bibliotecas do planeta.
  • E agora unha chea de sitios onde podedes descargar libros: elaleph.com (de balde e para mercar, tamén editan), Dominio Público (a cultura nin se compra nin se vende), en Scribd pode compartir todo tipo de documentos entre eles ebooks, Libros electrónicos gratis (que máis queres?), Computer-books.us (libros de informática a mancheas) e unha colección inmensa de novelas pulp de ciencia ficción e similares (isto non llo contedes a ninguén).
  • E volvemos ó tema de onde ler todo este material. As opcións son múltiples: na pantalla do ordenador, no móbil, nunha PDA, no novo invento de Amazon... A min onde estea o papel e o cheiro a cola... son un sentimental. Se non me quedara outra poderíame acostumar a ler libros e o que fora nun destes.
  • E para rematar un pouquiño de Bookcrossing, fai que os teus libros viaxen e comparte co mundo os teus gustos, caza os libros que outros comparten e moitas máis cousas.

Como podedes ver isto dos libros xa non é o que era. Que pensarían de todo isto Cervantes e Shakespeare? A verdade é que agora tanto nos ten, a cultura é libre e só uns poucos son os que lle queren pór cancelas, alfándegas e auras de intocábel.

Lede moito!!

A imaxe é de Philippe Kurlapski.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Abr 22 2008

Día da Terra

Published by ifrit under Sen clasificar

Hoxe celebrouse o Día da Terra (case poderíamos dicir da Terra Maltratada).

Como moitos outro este é un tema complicado así que deixarei tan só dúas ideas pra a reflexión:

  1. [Aquí vai unha frase dun filósofo grego da que algún día me acordarei] Era algo así como que non hai que acaparar senon aproveitar o que temos (e non era unha frase de San Agustín). A solución para o planeta pasa por deixar de crecer sen medida. No planeta hai para todos, pero non para que todos vivamos a todo tren.
  2. A Humanidade está nunha carreira desesperada sempre cara diante, correndo coma tolos, non se sabe cara onde, mais sempre correndo, hai que chagar os primeiros. En contraposición a ese pensamento están os pobos indíxenas de todo o mundo, especialmente en Sudamérica, hoxe un deles dixo isto.

Na imaxe a bandeira do Collasuyu, feita e subida por Huhsunqu

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Abr 22 2008

Proof of live

Published by ifrit under Sen clasificar

Sigo vivo. E co firme propósito de seguir escribindo neste bló, mais non sempre se me ocorren cousas para escribir ou ando demasiado liado, amén dos innúmeros atrancos técnicos.

Teño pendente falar da xantanza no restaurante xudeu da Coruña (con fotos), do meu novo disco duro de 1 Tb (e de como comprar por internet) e un artigo que vai medrando sobre China e os Xogos Olímpicos (que non Olimpíadas).

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Abr 04 2008

E logo, somos masocas ou que?

Published by ifrit under Sen clasificar

Acompaño este debuxo de El Roto que atopei na de Carlos, El Rojo cun texto do Abbé Pierre que atopei xa fai un tempo na de Pawley.

Amar consiste en que cando ti, o outro, es feliz, eu son feliz tamén. E cando ti, o outro, es desgrazado ou sofres, entón eu pásoo mal tamén. É tan simple como iso. Entón digo: a vida é un pouco de tempo ofrecido a unhas liberdades para que, se queres, aprendas a amar, coa certeza de que haberá que loitar contra o mal.
Sentido da creación: que o amor responda ao amor. Se non existise ese punto culminante en que de súpeto dúas liberdades poden consagrarse e amarse, toda a creación sería absurda.
(...) Naturalmente, todos os humanos van na procura da felicidade. Pero vivir unha vida cristiá auténtica non é buscar a felicidade a toda costa. É buscar amar, a calquera prezo.
Ao dicir isto son moi conscente dunha deriva que hai que evitar e na que caen moitos cristiáns moi piadosos: a do "dolorismo". Contra o que sempre se nos ensinou, o mérito non garda ningunha relación coa dificultade. O mérito mídese polo amor co que se realiza un acto, e non polo que custa (dolorismo).
O dolorismo é unha abominación e unha caricatura da vida cristiá que consiste en buscar o sufrimento, ou en compracerse con el, co pretexto de que Xesús sofreu. Non. Simplemente hai que aceptar a vida tal como se presenta, e se non pode evitarse un sufrimento, entón máis vale aceptalo con amor que rebelarse ou fuxir del pechándose nun mesmo.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Mar 31 2008

Polo Aire, Quempallou 2008

Published by ifrit under Sen clasificar

O venres pasado fomos á presentación do novo disco de Quempallou, Polo Aire, na Gentalha do Pichel e foi unha grande festa!

Se tedes a oportunidade de ir a un concerto non a perdades porque a súa música é da que fai bailar, alegra a vida e por veces pon a pel de galiña. Mercar o disco é unha obriga.

Escribo menos do que querería, mais escribo, que xa é algo.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Mar 28 2008

The Revolution Televised

Published by ifrit under Sen clasificar

Non todo vai ser zombis, robots xigantes e señoritas en biquini, así que o mércores achegámonos ó Cineclube Compostela para visionar (neste tipo de cinema a palabra "disfrutar" non está permitida) unha peza da singular obra do director alemán Harun Farocki.

Videogramme einer revolution (Videograma dunha revolución) é unha peza que reconstrúe os momentos decisivos da revolución romanesa e a caida do ditador Ceaucescu misturando imaxes de video caseiro e de televisión. O que podía ser un documental con profusas explicacións é nas mans de Farocki un experimento visual na que as imaxes, os protagonistas das mesmas e o propio espectador monta a súa película (non no sentido coloquial da expresión).

Nesta peza vemos a revolución romanesa retransmitida por televisión, dende a toma das rúas ata o deseño do novo goberno e iniciativas a seguir, nada é tan bonito como parece nos libros de historia.

Hoxe, no mesmo sitio (C. S. A Gentalha do Pichel) presentación do novo disco de Quempallou. Vémonos alí!

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Mar 25 2008

Eterno retorno

Published by ifrit under Sen clasificar

Remata a Semana Santa, resurrección, Páscua e nova vida. E como parte desa nova existencia a vella teima de escribir no bló con regularidade, ou polo menos cando me pete mais con algo de contido.

Para empezar algo que levaba tempo querendo facer, resumo semanal das descargas.

  1. Estas de aquí arriba son os membros de Robots in Disguise, un grupo que escoitei de rebote no camiño a Porto en Siglo 21 de Radio 3. Inspiración punk con toques electrónicos, en ocasións soan preto de Elastica. Descargados os seus tres útimos álbumes: Robots in Disguise, Don't Get RID! e We're in the Music Biz (deste ano)
  2. Na FNAC dePorto conseguín non mercar nada. O que si fixen foi escoitar moitos discos e apuntar no móbil os nomes duns cantos para descargar. Entre eles o Charles Aznavour Platinum Collection (e xa de paso The Best of Charles Aznavour) Que non sabes quen é Charles Aznavour!? Seguro que se escoitas algunha das súas cancións máis coñecidas daste conta rapidamente. Como dixo miña nai: "Ese es viejo".
  3. Don Vitto pasoume as dúas tempadas completas de Dexter, completas ata a folga de guionistas. Así que tocou baixar os dous derradeiros capítulos da segunda tempada duna das mellores series que levo visto (Left Turn Ahead e The British Invasion ). Se inda non a viches non sei a que esperas (podes baixala en V.O.S. e dobrada ó castelán). En breve agardo escribir algo sobre ela en CINEMA FRIKI (si, tamén teño pendente resucitar CF). E agora que a rematei coido que xa teño substituta, Breaking Bad (gracias a La Petite La Petite Claudine)
  4. E máis discos do meu paseo pola FNAC de porto: The Choral Beatles polo Kennedy Choir, unha delicisosa interpretación coral dos temas máis coñecidos daqueles rapazolos de Manchester; e Primera Luna de Georgina Hassan (este inda non o escoitei e tampouco sei ben por que o tiña apuntado).

E ata aquí as descargas que levo feitas na semana. Para ver, escoitar e compartir a música que escoito visitade o meu perfil do last.fm (aí do lado tedes un resumo das cancións da última semana, as de Il Nino son do meu irmán, inda que as borre seguen aparecendo nos resumos)

A ver se consigo seguir escribindo (véxome con ánimos) e vós vos animades a comentar algo.

Chuzame! chuzame -

6 responses so far

Xan 01 2008

Po-la eliminación do primeiro de Xaneiro!

Published by ifrit under Sen clasificar

null

De novo demos a benvida ó Aninovo de forma violenta.

null

*A foto da escultura O Demo e a muller do mercado é obra de Ahoerstemeier

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Ago 21 2007

As compras do Viñetas dende o Atlántantico

Published by ifrit under Sen clasificar

banda deseñada

O mércores e o sábado estiven por Coruña dando voltas po-los stands e deixádome atraer por todas esas cores que din: "Mércame, mércame"

E isto é o que ó fina merquei. Nada de manga, ningunha novidade, pero moita calidade.

  • 1. Tres números da revista máis bizarra e subcultural do estado: Mundo Brutto.
  • 2. El mejor cine de los 70. Decididamente son adicto a mercar libros de Taschen! Son unha gozada!! We love to love books
  • 3. Nacional 666. Que bos recordos daquela Línea Laberinto de Planeta. Guionizada por Roke González e debuxada por José María Reyes apuntaban maneiras do que sería a súa colaboración máis soada e exitosa, Crónicas de Mesene. Periplo. Isto é o máis parecido a un manga que merquei.
  • 4. Todo Paracuellos. A FNAC é un sitio de perdición, e inda que entrei correndo e sen querer mirar para as cousas non me puiden resistir ó prezo deste tomo (mirando en internet vexo que se pode conseguir inda máis barato en Carrefour e en lacasadellibro.com) que contén toda a obra de Carlos Giménez na que relata a súa vida en paralelo á historia de España dende a Guerra Civil. Indispensábel.
  • 5. Como ben repiten os propios autores, non é que haxa un boom na banda deseñada galega, pero si que é verdade que agora vese máis e son máis recoñecidos. E moita da culpa tena xente coma David Rubín. A súa última publicación é este La tetería del oso malayo, co que recibiu diversos premios. E para mostra lede a opinión de Álvaro Pons de La Cárcel de Papel
  • 6. Pyongyang. Outra obra autobiográfica indispensábel. O xornalista (ghanito corríxeme) debuxante de banda deseñada Guy Delisle relata a súa estancia en Corea do Norte. Para facervos unha mellor idea lede o artigo de absence
  • 7. Outra das compras nostálxicas. Iberia Inc. foi o soño do guionista e escritor Rafa Marín e do debuxante Carlos Pacheco de realizar unha versión ibérica do xénero de supeheroes estadounidense. Outra das alfaias que se podía atopar naquela Línea Laberinto de Planeta.
  • 8. E para rematar coa febre merquei tódo-los números aparecidos ata o momento da revista de banda deseñada galega Barsowia, editada po-lo colectivo Polaqia.

E ata aquí chegou a cousa. Non estivo nada mal. Para o próximo ano levarei un carriño.

O outro punto destacábel deste ano no Viñetas foi a presentación (de corpo non presente) do xogo de rol Crónicas de Gáidil, que cunhas ilustracións de 10 mergúllanos nun mundo de fantasía castrexa que promete face-las delicias tanto dos neófitos como da vella garda. Xa me tarda que saia aló por outubro.

Chuzame! chuzame -

One response so far

Xull 09 2007

Tan gallego como los marcianos

Published by ifrit under Sen clasificar

tan gallego como los marcianos

Máis belas estampas do Festival de Ortigueira 2007 aquí.

A foto é miña e a escultura ó Gaiteiro Galego (sic) no porto de Ortigueira é de Leiro

Chuzame! chuzame -

5 responses so far

Next »