Ago 30 2006

Corre ó teu quiosco

Published by at 11:07 p.m. under Sen clasificar

Damas de época
Chega setembro e con el o principio de moitas cousas, cursos, traballos, programación, coleccionabeis… Si, coleccionabeis, moitos e a cada cal máis absurdo, máis longo e máis caro. Eu son coleccionista de primeiros números de coleccions de libros, eses de dous por 3’95 e cousas así. Inda teño os do ano pasado sen ler.
Só unha vez acabei unha colección, unha de selos, coido que estiven case tres anos para rematala, para que agora apodrezan no faiado.

E aquí vai o ránking dos que teño visto ata o momento ordenados po-la súa bizarrez:

    1. Casa-suiza-reloxio-de-cuco-xigante
    2. Damas de época. No primeiro fascículo Ana Karenina.
    3. Focker DrI Barón Bermello teledirixido.
    4. Scalextric Carlos Sainz (“trata de arrancarlo, por Dios, Carlos”)
    5. Biblioteca do coñecemento oriental.
    6. Construe e programa o teu robot.
    7. Citröens CV2.
    8. Colección de abanos.
    9. Bichos (insectos e outros bechos auténticos)
    10. Nuestros Campeones de Rallies (reproducións dos coches do Campeonato Español de Rallies)
    11. Aprende a pintar e debuxar (co primeiro número dous tubos de cores, polo que os teus primeiros cadros serán bicromos e aos últimos faltaranlle precisamente esas cores…)
    12. Los Caballeros del Zodíaco. Remasterizada e sen censura.
    13. Heidi e Marco
    14. Grandes batallas da historia (O primeiro número e algún máis desta caen fixo )
    15. Atlas de National Geographic

De coleccións de libros inda non vin nada, pero miña nai xa pasou po-lo quiosco e xa mercou un. A colección chámase V. C. Andrews, o nome da autora que seica é de grande sona. O título do libro Flores en el ático, que seica ata ten versión cinematográfica. E este é o resumo que trae na contraportada:

Flores en el ático narra la terrible experiencia vivida por cuatro niños, vícitmas inocentes de unas pasiones prohibidas, que son abandonados por su madre en el ático de una lúgubre mansión y crecen allí encerrados, aislados del mundo, solos…

A que queredes lelo? Pois ide correndo ao voso quiosco de confianza antes de que quedes sen el.

2 responses so far

2 ResponsesCorre ó teu quiosco to “”

  1. Madialevaon 31 Ago 2006 at 12:07 a.m.

    Sempre me preguntei que xuntaba algunha de esas cousas, espadas de tres centimetros, por exemplo.

    O do reloxo, mimá, penso que logo e máis barato mercalo que facelo (se e que o chegan a facer, claro).

    Grazas por achegarte polo meu caderno.

    Saudos.

  2. Feron 31 Ago 2006 at 9:03 a.m.

    Também está a de “Bomberos del mundo”, na primeira entrega um bombeiro de NY.