Set 21 2006

Fil e Fra están de volta!

Published by at 4:04 p.m. under Sen clasificar

Filippo & Francesca are back!
Seguimos recibindo visitas! Se fai dúas semanas eran Thomas, a súa moza e os seus colegas nas súas furgallas hippies agora tócoulle-lo turno a Filippo e Francesca (Fil e Fra) que viñeron arranxa-los derradeiros asuntos dos seus estudos en Santiago e de paso recordar os bos momenos pasados nesta cidade.

Cordial recibimento no aeroporto e posterior traslado ao seu motel. E despois quedamos para cear. Fomos a La Barrika, sitio que coñecín cando fun con besbellinha a cear. Alí cañas de 1906 e de tapas pan tumaca e fideuà con mexilóns; e para cear tortilla, zorza con patacas fritidas, croquetas e chourizo ao viño. Todo moi rico, abundante e a moi bo prezo.

Despois intentamos probar o licorca do Mosquito ou do Pampín pero estaban os dous fechados, así que, despois de unir ó grupo a María e á súa amiga Olalla, decidimos dirixirnos a ese antro que tanto nos gusta que é o TNT do noso colega Jacky, nas galerías do cine Valle Inclán.

E alí o de sempre, moito heavy, moita melena ao aire, moito licorca estilo TNT, máis licorca, algo do agasallo que nos fixeron e xogos de rapidez manual.

Sempre nos pasa o mesmo. O que era unha simple cea acabou sendo unha festa de benvida e tamén de despedida para Mariño, para que a pesar das súas viaxes por Polonia e Irlanda non se esqueza do que lle agarda cando volva.

Filippo e Francesca inda quedan algún día máis, así que seguiremos nesta liña.

Comentarios desactivados en Fil e Fra están de volta!

Comments are closed at this time.