Out 03 2006

10 pasos para chegar á portada de chuza!

Published by at 11:09 p.m. under Sen clasificar

A continuación poderedes ler 10 pasos a seguir para que as vosas novas chuzadas cheguen a ser publicadas na portada de chuza! casi con total seguridade:

    1. Fíxate nos titulares das novas da portada durante unha tempada. Poderás comprobrar que as novas con máis éxito son esas que o explican todo entre o título e comentario e evitan que o vago usuario medio de chuza! teña que ir le-la nova orixinal. Tamén se recomendan títulos curtos ou do tipo ‘Top 10’ ou ‘Os 25 … máis …’

    2. Manda unha nova sobre chuza! ou sobre calquera dos seus usuarios. O endochuzismo está de moda e os chuzas mólanse a si mesmos. Que si aranha fechou o bló, que si wel escribiu non sei que, que si nemtele fixo unha curta, etc. Para ter éxito asegurado ao 100% fala de berto e xa está.

    3. O PDM de Google. Calquera novidade sobre Google será benvida. O día en que Google sexa o dono do mundo está preto e hai que estar a ben con eles.

    4. Calquera nova que fale sobre os incendios en Galicia, a contaminación dos ríos, os verquidos nas rías e demáis. Os chuzeiros practican ecoloxismo dende a pantalla do seu ordenador e conciencia tranquila!

    5. Firefox mola. É o navegador de moda e todo o relacionado con el está ben visto.

    6. FADESA, Inditex, practicamente calquera político galego, IKEA e A Galega son o mal personificado na terra ou unha cadea de erros. Calquera crítica chegará lonxe.

    7. Microsoft é unha merda e o software libre é o mellor. Así de sinxelo, non ten máis que explicar.

    8. As novas sobre estatísticas e con lecturas de calquera tipo, canto máis provocadoras mellor. Cando alguén se deteña a comprobar os datos a nova xa estará na portada.

    9. Galicia dentro da lusofonía. Calquera nova que inclúa a Galicia dentro da lusofonío ou sinale os lazos telúricos de unión con Portugal e/ou Brasil.

    10. E non hai 10. Chuza non é unha comunidade tan grande como para que haxa problemas para que unha nova minimamente importante chegue á portada. Cun par de días de observación é sinxelo saber o que gusta e o que non gusta aos usuarios de chuza!, e senon mirade a Snob que ten un 100% de éxito nas súas novas.


Versión propia de 10 Steps to Guarantee You Make The Digg Frontpage

10 responses so far

10 Responses10 pasos para chegar á portada de chuza! to “”

  1. nemteleon 04 Out 2006 at 9:58 a.m.

    si senhor. traduzido ampliado e melhorado. 😉

  2. nemteleon 04 Out 2006 at 6:06 p.m.

    estas eram recomendaçons sobre temática. atreves-te com 10 conselhos sobre Quando enviar umha nova para que passe à portada?

  3. ifriton 04 Out 2006 at 6:09 p.m.

    sobre ‘cando’? Pois non sei, non o teño moi estudado…
    Sei que non é bo envialas en fin de semana se non é un bombazo, pero tampouco miro moito esas cousas 🙂
    Algunha suxerencia?

  4. bertoon 04 Out 2006 at 8:18 p.m.

    avrpart tamén se preguntou algo sobre o tema aquí:

    http://wiki.chuza.org/wiki/Discusion:Chuza_Zeitgeist:_7_meses

  5. ifriton 04 Out 2006 at 8:38 p.m.

    Pero non tivo resposta 😉

  6. CPon 17 Out 2006 at 1:54 a.m.

    Muy buena la lista, sobre todo para los novatos que acabamos de descubrir su existencia (gracias a ifrit, a todo esto) y aun estamos empezando a usarlo.

  7. Moinanteon 18 Dec 2006 at 4:42 a.m.

    cando non? de madrugada 😀

  8. Joseon 21 Dec 2006 at 4:41 p.m.

    Poderase dicir máis alto pero non máis claro. Será nova temática costumbrista.

  9. […] Respondo ao desafío de Ghanito facendo a miña propia listaxe de oito cousas. E vou facer algo semellante ao que fixera Ifrit hai un ano: 8 temas que triunfan en Chuza! (no de agora, que coincide máis ou menos co de antes). Comezo, entón: […]

  10. Anónimoon 22 Xul 2008 at 3:18 p.m.

    feed…