Dec 05 2006

Abaixo os muros!

Published by at 12:26 a.m. under Sen clasificar

Asian Dub Foundation

Fortaleza Europa

Segue batendo no muro
Segue batendo no muro
DA FORTALEZA EUROPA!
2022 – Unha nova orde europea
Gardas robot vixian a fronteira
Cans cibernéticos vanse achegando
Coches armados e oficias de inmigración
Unha vila ardendo en Kosovo
ti botáche-la bomba e agora mándasnos a casa
Metralletas gábanse nos cantís de Dover
Baixade as cabezas, estade atentos! Ímonos acabar
Lume! Sobreviviremos á re-entrada
pasa-las minas e os centinelas cibernéticos
Salva os fogares europeos construidos sobre guerras
Non gustas do efecto que produce a causa,
o chip está na túa cabeza non no meu ombreiro.
Control total á volta da esquina
Abre a comporta, chegou a hora.
(retrouso)
Conseguímolo dereito, sabemos o que hai
somos os fillos da globalización
Non ás fronteiras, só conexións verdadeiras
Prende a luz da insurrección
Esta xeración non ten nación
Os camiños de herba presionan a única solución
Estamos sentados con firmeza
Porque o asilo é un dereito
Pon fin a esta confusión
Este é o Éxodo do século XXI (bis)
Lume! Sobreviviremos á re-entrada
pasa-las minas e os centinelas cibernéticos
Avión, tren, coche, ferry, barco ou bus
O futuro bótanos o sangue por enriba
(retrouso)
Conseguiron o dereito – escoita, pero non ó alarmista
Quen non corre cando está famento?
De onde a que a cando de aquí a alí
Xente atrapada nun pesadelo de fita vermella
Escapade dos centros de detención
Cortade os aramios e rachade os cupóns
A xente está lista, é a hora de acordar
Botade abaixo os muros da Fortaleza Europa

Esta é a miña cutre tradución da que posibelmente sexa a canción máis coñecida dos Asian Dub Foundation, Fortress Europe. Podedes escoitala e ve-lo video aquí. Os ADF estarán mañá (xa hoxe) xunto con lamatumbá, The Pinkertones (un dos grupos revelación do ano e primeiro grupo español na historia en ser chamado a participar no CMJ de Nova York) e Dandy Fever (recentes gañadores do GZcrea) en Santiago dando un concerto de valde no Multiusos do Sar contra as nove. A última vez que os vin foi na primeira edición do Santirock, e mira que choveu dende entón. (Acabo de ler na Wikipedia que o seu último proxecto foi unha ópera dub-punk a Gadaffi. Flipo.

Por certo, o concerto é en homenaxe a tódo-los voluntarios e traballadores que colaboraron nas tarefas de extinción durante a vaga de lumes deste verán pasado.

Espero que mañá sexa unha noite de moita festa, pero moita moita.

A imaxe é do sitio alemán Rockpalast

One response so far

One ResponseAbaixo os muros! to “”

  1. Apocalipse do porco » Lercheos exclusivoson 07 Dec 2006 at 8:21 p.m.

    […] Como calquera seudo-medio de comunicación, Chuza ten que estar alí onde apareza a noticia, así que enviou a parte do cartel do fedellín a cubrir o concerto gratuito a Húmidtown e outros foron a informar da outra nova do día: Yolanda Castaño saíu da súa casa a tomar algo. […]