Xan 04 2007

Bombas de fragmentación made in Spain

Published by at 5:47 p.m. under Sen clasificar

Bomba de fragmentación

Unha bomba de fragmentación ou bomba cluster é unha bomba de caída libre, ou dirixida, lanzada dende o aire ou dende a superficie, que ó estar a unha altura concreta, que é medida por un altímetro, abrese deixando caer centos de sub-municións ou bombetas de diversos tipos, de alto explosivo, antipista, antipersoa, perforantes, incendiarias, etc.

Debido á súa amplitude e ó grande número de sub-municións, ata 300, esta arma úsase para atacar a obxectivos militares dispersos. Pero tamén debido a estas características a miudo fire e mata a civís, especialmente cando se usa en zonas urbanas.

As sub-municións esparexidas teñen un rango de erro de entre o 5% e o 30%, po-lo que poden quedar bombas soterradas sen estourar sendo perigosas tempo despois de rematada a guerra, especialmente para os rapaces po-las súas chamativas formas, como pelotas de tenis ou latas de refrescos. Varios países teñen usado este tipo de arma en conflitos diferentes. Rusia úsaas en Chechenia, o Reino Unido usounas en Kosovo e Iraq, Israel no Líbano no 2006, movementos extremistas árabes nos seus ataques contra civís e os Estados Unidos utilizou estas bombas en Afganistán, Kosovo, Laos e Iraq, entre outros, a pesar de causar problemas serios baixo o dereito humanitario internacional. En Iraq estímase que entre os Estados Unidos e o Reino Unido xa lanzaron máis dun millón.

Unha campaña internacional, a Coalición das Bombas de Fragmentación foi establecida no 2003 para dete-lo uso, produción, transferencia e almacenamento destas armas. A día de hoxe máis de 160 ONGs de todo o mundo estanse adicando á educación, á investigación e a presionar a diferentes gobernos para troca-las súas políticas sobor destas devastadoras armas. (Tradución de Bombas de Racimo, Wikipedia)

E a que ven todo este rollo? Pois a isto. Vergoña.

Máis información sobre estas bombas:

  • Bombas de racimo (especial da BBC Mundo sobre o arsenal aliado)
  • Cluster bomb, Wikipedia
  • Cluster Munition Coalition
  • A imaxe é do Defense Industry Daily (‘Non é confeti’, titulan os simpáticos amigos da industria armamentística)

    Comentarios desactivados en Bombas de fragmentación made in Spain

    Comments are closed at this time.