Mar 25 2008

Eterno retorno

Published by at 11:48 p.m. under Sen clasificar

Remata a Semana Santa, resurrección, Páscua e nova vida. E como parte desa nova existencia a vella teima de escribir no bló con regularidade, ou polo menos cando me pete mais con algo de contido.

Para empezar algo que levaba tempo querendo facer, resumo semanal das descargas.

  1. Estas de aquí arriba son os membros de Robots in Disguise, un grupo que escoitei de rebote no camiño a Porto en Siglo 21 de Radio 3. Inspiración punk con toques electrónicos, en ocasións soan preto de Elastica. Descargados os seus tres útimos álbumes: Robots in Disguise, Don’t Get RID! e We’re in the Music Biz (deste ano)
  2. Na FNAC dePorto conseguín non mercar nada. O que si fixen foi escoitar moitos discos e apuntar no móbil os nomes duns cantos para descargar. Entre eles o Charles Aznavour Platinum Collection (e xa de paso The Best of Charles Aznavour) Que non sabes quen é Charles Aznavour!? Seguro que se escoitas algunha das súas cancións máis coñecidas daste conta rapidamente. Como dixo miña nai: “Ese es viejo”.
  3. Don Vitto pasoume as dúas tempadas completas de Dexter, completas ata a folga de guionistas. Así que tocou baixar os dous derradeiros capítulos da segunda tempada duna das mellores series que levo visto (Left Turn Ahead e The British Invasion ). Se inda non a viches non sei a que esperas (podes baixala en V.O.S. e dobrada ó castelán). En breve agardo escribir algo sobre ela en CINEMA FRIKI (si, tamén teño pendente resucitar CF). E agora que a rematei coido que xa teño substituta, Breaking Bad (gracias a La Petite La Petite Claudine)
  4. E máis discos do meu paseo pola FNAC de porto: The Choral Beatles polo Kennedy Choir, unha delicisosa interpretación coral dos temas máis coñecidos daqueles rapazolos de Manchester; e Primera Luna de Georgina Hassan (este inda non o escoitei e tampouco sei ben por que o tiña apuntado).

E ata aquí as descargas que levo feitas na semana. Para ver, escoitar e compartir a música que escoito visitade o meu perfil do last.fm (aí do lado tedes un resumo das cancións da última semana, as de Il Nino son do meu irmán, inda que as borre seguen aparecendo nos resumos)

A ver se consigo seguir escribindo (véxome con ánimos) e vós vos animades a comentar algo.

6 responses so far

6 ResponsesEterno retorno to “”

  1. raon 26 Mar 2008 at 7:36 a.m.

    se serve para animarte a escribir, eu alégrome da túa volta.
    8)

  2. ifriton 26 Mar 2008 at 12:56 p.m.

    Gracias, ra! No próximo evento no que coincidamos invítoche a unha cervexa 😀

  3. raon 26 Mar 2008 at 5:50 p.m.

    bonita invitación: cervexa para un celíaco! se o sei non che digo nada.
    porcier, xa coincidimos nalgún evento?

  4. ghanitoon 27 Mar 2008 at 12:59 a.m.

    Ti escribe sen moita esixencia de comentarios e cando leves varios post seguidos falamos. 😆

  5. ghanitoon 27 Mar 2008 at 1:00 a.m.

    Por certo, eu non son celíaco (por se te da pistas para convidarme a algo…) 😛

  6. ifriton 27 Mar 2008 at 12:53 p.m.

    Non me din conta diso, ra :p Entón o que tes que facer é acumular puntos para chegar ó JB con cola XDD E si xa temos coincidido nalgún concerto… así que me lembre no Lolapop (no que tamén estaba ghanito)

    Ghanito, ti tes un bono a canxear por un xantar/cea cando queiras (remember CC) 😉