Mar 28 2008

The Revolution Televised

Published by at 2:51 p.m. under Sen clasificar

Non todo vai ser zombis, robots xigantes e señoritas en biquini, así que o mércores achegámonos ó Cineclube Compostela para visionar (neste tipo de cinema a palabra “disfrutar” non está permitida) unha peza da singular obra do director alemán Harun Farocki.

Videogramme einer revolution (Videograma dunha revolución) é unha peza que reconstrúe os momentos decisivos da revolución romanesa e a caida do ditador Ceaucescu misturando imaxes de video caseiro e de televisión. O que podía ser un documental con profusas explicacións é nas mans de Farocki un experimento visual na que as imaxes, os protagonistas das mesmas e o propio espectador monta a súa película (non no sentido coloquial da expresión).

Nesta peza vemos a revolución romanesa retransmitida por televisión, dende a toma das rúas ata o deseño do novo goberno e iniciativas a seguir, nada é tan bonito como parece nos libros de historia.

Hoxe, no mesmo sitio (C. S. A Gentalha do Pichel) presentación do novo disco de Quempallou. Vémonos alí!

Comentarios desactivados en The Revolution Televised

Comments are closed at this time.