Abr 04 2008

E logo, somos masocas ou que?

Published by at 1:10 p.m. under Sen clasificar

Acompaño este debuxo de El Roto que atopei na de Carlos, El Rojo cun texto do Abbé Pierre que atopei xa fai un tempo na de Pawley.

Amar consiste en que cando ti, o outro, es feliz, eu son feliz tamén. E cando ti, o outro, es desgrazado ou sofres, entón eu pásoo mal tamén. É tan simple como iso. Entón digo: a vida é un pouco de tempo ofrecido a unhas liberdades para que, se queres, aprendas a amar, coa certeza de que haberá que loitar contra o mal.
Sentido da creación: que o amor responda ao amor. Se non existise ese punto culminante en que de súpeto dúas liberdades poden consagrarse e amarse, toda a creación sería absurda.
(…) Naturalmente, todos os humanos van na procura da felicidade. Pero vivir unha vida cristiá auténtica non é buscar a felicidade a toda costa. É buscar amar, a calquera prezo.
Ao dicir isto son moi conscente dunha deriva que hai que evitar e na que caen moitos cristiáns moi piadosos: a do “dolorismo”. Contra o que sempre se nos ensinou, o mérito non garda ningunha relación coa dificultade. O mérito mídese polo amor co que se realiza un acto, e non polo que custa (dolorismo).
O dolorismo é unha abominación e unha caricatura da vida cristiá que consiste en buscar o sufrimento, ou en compracerse con el, co pretexto de que Xesús sofreu. Non. Simplemente hai que aceptar a vida tal como se presenta, e se non pode evitarse un sufrimento, entón máis vale aceptalo con amor que rebelarse ou fuxir del pechándose nun mesmo.

Comentarios desactivados en E logo, somos masocas ou que?

Comments are closed at this time.