Abr 23 2008

O Día do Libro (tamén en internet)

Published by at 8:44 p.m. under Sen clasificar

Non tranquilos, non vou falar de todo canto “día de” hai (que xa sabemos que son máis de cen), mais hai días que a un lle prestan máis celebrar.

E para celebrar este Día do Libro (en internet máis ben o Día da Lectura) vou facer unha pequena lista de recursos e similares relcionados co mundo dos libros. A lista non ten ningún orde, funa escribindo segundo me viña.

  • En primeiro lugar o meu primeiro libro. Bueno, mellor dito, o primeiro onde publico un relato. A verdade é que tampouco ten moito mérito que a cousa foi entre amigos. O libro chámase Proxecto Identidade e foi unha dos danos colaterais provocados pola festa organizada por ghanito e besbellinha, Beliscos do Porco ou Apocalipse Pequenos. O libro recolle relatos, contos, poesías, ensaios, fotos e divagacións varias de máis de cincuenta autores arredor da identidade. Podedes mercar unha chulísima edición aquí (aproveitade, que o dólar estadounidense está ben baixo) ou descargalo ós vosos ordenadores aquí. Xa me contaredes.
  • Como podedes ver facer un libro hoxe en día está á man de calquera. O Proxecto identidade foi deseñado co seu software e impreso por blurb, inda que tamén poderían ter utilizado Lulu. Escribir, catro clics e a ser o best seller do metro!
  • Mais iso de ler branco sobre negro en papel xa ten alternativas (inda que a min inda non me convenza, sigo sendo un clásico) Na Regueifa Plataforma podes descargar algúns libriños (ademáis de discos) todos con licenza Creative Commons (xa sabedes, a cultura medra co rozamento, a división, a multiplicación, a copia e todas esas cousas).
  • E collendo de pleno as licenzas Creative Commons o outro día deuse a coñecer unha nova editorial galega, Estaleiro Editora. E tamén non fai moito e cuns principios moi parecidos mais encamiñados ó mundo fantástico e da ciencia ficción universal naceu Urco Editora. E aquí é cando recordamos que o primeiro libro galego editado baixo unha licenza Creative Commons foi O home inédito de Carlos G. Meixide por A Rotonda.
  • Mais as editoras tradicionais inda teñen moito que dicir en Galicia e iso está demostrando a xente de Rinoceronte, adicada ás traducións dende calquera idioma (estou agardando a opinión do primeiro libro traducido directamente xaponés – galego).
  • E inda haberá moitas cousas que eu non coñeza. Para estar ó día do que pasa no mundo das letras galegas a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural vén de inaugurar un portal moi interesante: Praza das letras. E para completar aquí tedes unha listaxe con case todas as editoras galegas.
  • Falamos de internet, e Google que opina? Pois Google non podía obviar no seu PDM eses obxectos ata onde non vai moito se acumulaba todo o saber humano. En Google Books podemos atopar libros escaneados ó completo, en parte ou só referencias, nun proxecto que sigue medrando apoiado polas maiores bibliotecas do planeta.
  • E agora unha chea de sitios onde podedes descargar libros: elaleph.com (de balde e para mercar, tamén editan), Dominio Público (a cultura nin se compra nin se vende), en Scribd pode compartir todo tipo de documentos entre eles ebooks, Libros electrónicos gratis (que máis queres?), Computer-books.us (libros de informática a mancheas) e unha colección inmensa de novelas pulp de ciencia ficción e similares (isto non llo contedes a ninguén).
  • E volvemos ó tema de onde ler todo este material. As opcións son múltiples: na pantalla do ordenador, no móbil, nunha PDA, no novo invento de Amazon… A min onde estea o papel e o cheiro a cola… son un sentimental. Se non me quedara outra poderíame acostumar a ler libros e o que fora nun destes.
  • E para rematar un pouquiño de Bookcrossing, fai que os teus libros viaxen e comparte co mundo os teus gustos, caza os libros que outros comparten e moitas máis cousas.

Como podedes ver isto dos libros xa non é o que era. Que pensarían de todo isto Cervantes e Shakespeare? A verdade é que agora tanto nos ten, a cultura é libre e só uns poucos son os que lle queren pór cancelas, alfándegas e auras de intocábel.

Lede moito!!

A imaxe é de Philippe Kurlapski.

Comentarios desactivados en O Día do Libro (tamén en internet)

Comments are closed at this time.