Nov 29 2008

Galego o último

Published by at 4:34 p.m. under Sen clasificar

Traduzo un artigo de opinión de Xosé Manuel Pereiro aparecido no elpais.com fai algún tempo, mais segue e seguirá de vixencia durante moito tempo.

Teño un amigo e colega co que cheguei ó acordo de, de vellos, quedar de vez en cando para falar galego. Ideoloxías e cariños aparte, temos unha relación co idioma semellante á que podemos ter cun legado familiar e, ó mesmo tempo, cunha ferramenta persoal e profesional. Sería unha irresponsabilidade, cando menos, deixar que se perda ou que se oxide. E o que tememos é que, como o galego siga baixando en calidade expresiva e en cantidade de usuarios, nunhas décadas e no noso ámbito de profesionais urbáns sintámonos tan desprazados como que aprecia manexar os cubertos nun mundo onde xeralizouse comer cos dedos.

Os que neste momento non poden resistir o impulso de pór os puntos sobre os is, en cartas ó director enviadas a galicia@elpais.es o por outra vía, ante a parcialidade da comparación, proclamarán que non se pode obrigar á xente a usar un idioma, en cuxa promoción invertíronse miles de millóns, de pesetas ou de euros, e que non se fala, entre outras cousas, porque é redundante aprendelo cando xa sabemos outro que ten máis alcance. Nesa argumentación hai máis falsedades que palabras, como dicía Philip Marlow dun cartace que aseguraba “Neste local só se sirve auténtico whisky escocés de antes da guerra”. Non se debe obrigar, mais claro que se pode. O hebreo xa non se falaba en tempos de Xesús Cristo, literalmente, e o estado de Israel reinventouno e impúxoo a costa dos idiomas realmente falados polos xudeus (o yiddish e o sefardí). No tocante ó diñeiro, por cada euro que os censado en Galiza adicamos á promoción do galego, gastamos uns 200 na divulgación do castelán, segundo contas que botou Camilo Nogueira. E sobre a importancia do tamaño, o islandés é basicamente o noruegués de entre os séculos XII ó XV, somentes o falan 300.000 persoas, mais nin cando precisan un novo termo recurren ó noruegués actual ou a un adaptación do inglés. É dicir, lingüísticamente, todo é máis ben relativo.

Con todo, o máis falaz (ó mesmo tempo que coartada para todo tipo de ilegalidades) é centrar o debate nunha obrigatoriedade de uso, que ninguén, en ningún momento, plantexou. Nin sequera aquel artigo da Lei de Normalización – que Mariano Rajoy apoiou no seu día e que o Constitucional anulou porque debería estar incluido no Estatuto- que establecia o deber de coñecelo implicaba ter que usalo, ó igual que a Sofía Mazagatos a súa peculiar relación có español non lle acarreou a perda da nacionalidade. A proba de que non é obrigatorio coñecer o idioma propio de Galiza está en boa parte da súa clase dirixente. Calquera persoeiro público daría tres dedos antes que oirse na radio dicindo “me se escapó”, mais queda tan ancho despois de asestar un “me fan reír seus argumentos”.

O problema é precisamente non poder escoller. Calquera pai o mai urbanita coñece a experienca de entregar ó seu “retoño” galegofalante ós formadores brazos da escola, que o transforma en castelánfalante coa mesma eficacia da que facía gala Lenin cando dicía “dádenos a un neno ós oito anos e convertirémolo en bolchevique para sempre”. Segundo un estudo de Gabriel Rei-Doval, só a terceira parte da poboación urbana criada en castelan sabe galego, e polo tanto, pode elexir en que fala. Esta é unha sociedade con dous idiomas na que os realmente bilíngües soen ser os galego falantes e, en xeral, son os castelánfalantes os que se poden permitir o dubidoso gusto de ser monolíngües. Igual que aquela parella estadounidense de xordos que manipulou a súa herdanza xenética para que os seus fillos tiveran tamén xordeira, aquí hai que reclama poder transmitir unha carencia (neste caso idiomática). Non deixaría de ser un fenómeno anecdótico se non fora abonado por esa tendencia do PP de Galiza de dilapidar a bavarización que con tanto traballo como beneficio urdiu Fraga, e substituila por un discurso político reducido a unha franquicia. (Xa nos vexo ó meu amigo e a min, tan anciáns como o pastor daquel anuncio do todoterreo: “E Cuiña, que opina de todo isto?”)

El problema es precisamente no poder escoger. Cualquier padre o madre urbanita conoce la experiencia de entregar a su retoño gallegohablante a los formadores brazos de la escuela, que lo transforma en castellanohablante con la misma eficacia de la que hacía gala Lenin cuando decía “dadnos a un niño a los ocho años y lo convertiremos en bolchevique para siempre”. Según un estudio de Gabriel Rei-Doval, sólo la tercera parte de la población urbana criada en castellano sabe gallego, y por lo tanto, puede elegir en qué habla. Esta es una sociedad con dos idiomas en la que los realmente bilingües suelen ser los gallegohablantes y, en general, son los castellanoparlantes los que se pueden permitir el dudoso gusto de ser monolingües. Igual que aquella pareja estadounidense de sordos que manipuló su herencia genética para que sus hijos tuviesen también sordera, aquí hay quien reclama poder transmitir una carencia (en este caso idiomática). No dejaría de ser un fenómeno anecdótico si no se hubiese abonado por esa tendencia del PP de Galicia de dilapidar la bavarización que con tanto trabajo como beneficio urdió Fraga, y sustituirla por un discurso político reducido a una franquicia. (Ya me veo a mi amigo y a mí, tan ancianos como el pastor aquel del anuncio del todoterreno: “¿E Cuiña, que opina de todo isto?”).

Aproveito para engadir aquí algunahs ligazóns relacionadas:

  • Lexislación sobre o galego. (Vía: chuza)
  • Leis que impoñen o castelán. (Vía: chuza)
  • 151 leis que impoñen o castelán na etiquetaxe. (Vía: chuza)
  • Comentarios desactivados en Galego o último

    Comments are closed at this time.