Ago 21 2006

Crónicas de Mesene. Erika

Published by at 12:06 a.m. under Sen clasificar

Crónicas de Mesene. Erika (Teo e Alvar)
Ala, xa está, xa os merquei e xa rematei de lelos.

Rematou Crónicas de Mesene. Erika, o último arco argumental da serie ata o momento. Nel podemos ver as tribulacións de Erika entre as responsabilidades da súa natureza dragón e os desexos do seu corazón humano. Tamén podemos atopa-la épica batalla entre as tropas de Mesene e o exército de mortos de Bjorn El Bello. Pero sobre todo o arco de Erika serve para xuntar os dous grupos de aventureiros.

Erika é punto e aparte na historia e en moitos sentidos punto e final. A primeira serie de Crónicas de Mesene editada na colección Siurell da Editorial Dolmen con 48 páxinas. Debuxada por Joan Fuster, que fai un traballo moi profesional, inda que me gustou ben pouco a interpretación que fixo dos heroes principais, Ragnar e Baran (o primeiro un culturista descoidado en troques dun viquingo lendario e o segundo parece un estibador portuario en troques dun arqueiro pillabán) O relato alcanza o seu punto máis épico ata o momento no enfrontamento dos dous bandos. Roke González é un grande afeccionado á literatura fantástica e as historias en xeral e por iso os seus guións non caen nos tópicos de sempre.

E agora a rele-la colección enteira e conta-los días ata que saia o especial e Crónicas de Mesene. Éocar.

Comentarios desactivados en Crónicas de Mesene. Erika

Comments are closed at this time.